Scout un día, scout toda la vida.

miércoles, 10 de abril de 2013

Aquelarre 2013


¿Quen non querería pasar tres marabillosos días cunhas persoas incriblemente divertidas nun sitio tan bonito como Narahío? Desde logo, a Unidade do Grupo Chan non quixo perdelo.

Un bus que chegaría media hora tarde nos levaría até A Coruña a recoller aos escultas do Grupo Scout San Jorge 33 e así poder chegar xuntos a Narahío, onde a Unidade Esculta do Grupo Scout Hércules 283 esperábanos cos brazos abertos. Na vida, experiméntanse moitas cousas, pero a mellor sensación, sen ningunha dúbida, é a dun recibimento entre xente que botabas de menos.
Tras montar rapidamente e con pequenos descoidos as tendas, chegou o turno da infraestructura xeral do campamento, pero algunhas bolsas xa aparecían nos pés, e é que non parou de chover en toda a acampada, e está claro, ‘cun chubasquero que non chubasca’… (¿?) non se vai a ningún lado.
Unha ruta na que os hippies e os rapeirosmesturáronse volvendo e acabaron perdidos xuntos mentres os góticos xa comeran tranquilamente, non é nada de estrañar.
A plántula de sabugueiro plantada pola Unidade Esculta do Chan en Narahío
A plántula de sabugueiro plantada pola Unidade Esculta do Chan en Narahío
Twitter e tuenti estiveron presentes constantemente neste Akelarre, non vedes que estamos modernizados? Pero só interactuábamos entre nós, xa que as cartolinas aínda non son tan máxicas.
Non hai nada mellor que un Furor por sexos para unirnos todos máis do que xa o estabamos. Os pequenos e amigables piques entre os equipos rivais eran inevitables, pero sempre acababan cunhas risas, unhas gargalladas limpas que escandalizan.
Pero o máis duro sempre son as despedidas, non se pode evitar que haxa algunha lagrimilla, o que non quere dicir que non fose unha experiencia incrible e que non esteamos contentos co resultado; porque ao contrario estamos a desexar repetir a experiencia.

1 comentario:

  1. Moi interesante a crónica. Aquí tendes a feita polo noso grupo, por se tendes curiosidade

    http://gs283.scout.es/GL/2013/04/escultas-vencen-a-chuvia-con-risas-e-bo-humor/

    Un saudiño

    ResponderEliminar