A unidade esculta decidiu pasar os primeiros días do ano na tranquilidade dunha acampada, estivemos moi pretiño da casa, nas torres de Altamira. A pesar do frío saíron uns ralliños de sol que fixeron que unha vez máis os escultas voltaran a casa con ganas de máis acampada.
Despois dunhas épocas tan sinaladas qué mellor que deixar un ratiño para traballar sobre os dereitos humanos e o consumo responsable, non sen deixar un tempo para aprender algún que outro nó e quentarnos imaxinariamente cun taller de lumes. Non todas as horas transcurren aprendendo cousas, ás veces divertímonos con pequenas cousas que máis tarde convírtense en grandes recordos ¿Algunha vez quentáchedes un bote de nutella ó baño maría? a unidade esculta do chan púxose as botas con piña e chocolate!!non estaría mal convertir isto nunha tradición escultera!!Este ano temos o obxectivo de coñecernos mellor, a nós mesmos e a unidade en xeral para así poder traballar sobre o que realmente nos gusta e coñecer os intereses que nos moven, a pesar do frío, deixamos un momento da noite para compartir confidencias debaixo dun ceo cheo de estrelas, ás veces as cousas que facemos son máis doces co chocolate :)
No hay comentarios:
Publicar un comentario